miércoles, 1 de julio de 2009

Rumores e fichaxes : Descenso do EFB Vilanova

Finalmente, consumouse o descenso do EFB Vilanova, un equipo amigo, e que contaba con varios ex-xogadores do CJ Cambados, coma Miguelito, Darío, Pibe ou o mítico porteiro Beni.
Con este descenso aproxímanse máis se cabe as fichaxes de Miguelito (practicamente feito) e o de Darío (a falta duns poucos flecos). Pibe tamén é sondeado pero os rumores indican que xogará a vindeira temporada no Arousa SC, polo que será rival do Cambados. Con respecto a Beni, según declaracións do propio xogador, a súa intención é seguir no seu actual clube, a pesar do descenso, a non ser que se lle faga chegar unha oferta "escandalosamente escandalosa".
Daquela, todo parece indicar que, por mor do descenso a Liga Comarcal, Miguelito e Darío serán as vindeiras fichaxes do Cambados, logo de que xa se confirmase o reforzo de Roisinho, a fichaxe galáctica da tempada, que cobrará "tanto coma Cristiano Ronaldo", e finalmente vestirá a camiseta amarela a vindeira campaña.
Seguiremos informando.
Darío, Miguelito, Pibe e Beni (resaltados) nun partido co Cambados. Foto de archivo.

7 comentarios:

  1. Dijo eu que esos reforsos terán que ser estudiados polo mister non valla a ser que aljun non sirva nin pa tocar a jaita

    ResponderEliminar
  2. bueno ome, nin que o cambados sea un equipaso oistes! ai xoja qen qere mais bn

    ResponderEliminar
  3. le doy totalmente la razón al segundo anónimo ya que en el Club Juentud por desgra hasta ahora no se llevaron bien laas cosas y en plantilla (hablo de juveniles) hay jugadores que no son aptos para la categoría, y eso que no es una Gallega o División de honor. Un saludo y quevaya bien este blog qu esta muy bien montado

    ResponderEliminar
  4. Non sei en que te baseas para dicir eso, tendo en conta que varios xogadores que rematan de xuvenís pasan a formar parte do equipo "B", con opción de ir convocados co primeiro equipo de preferente, ademáis de que 3 (incluíndo un xuvenil que este ano aínda é de 3º) farán a pretemporada co primeiro equipo de PREFERENTE.

    ResponderEliminar
  5. Tamén hai moitos xogadores en plantel que non rematarán en nada, non é certo? e falando do B, eu opino que pra os rapaces "medio-bós", se se me permite ese término, pois penso que é unha putada a existencia de tal equipo, xa que dende o meu punto de vista non se toma en serio e unha 3ra regional non é unha boa categoría para competir e formarse. Falando dos xuvenís, este ano non os puiden seguir moito, espero este ano fagan un bó traballo e cando menos se clasifiquen para a fase de ascenso. Un saúdo

    ResponderEliminar
  6. A verdade é que o ideal sería que os xuvenís con proxección que rematasen puidesen xogar nunha división intermedia entre preferente e 3ª(a + baixa) pero o equipo B é moi recente, estivo a piques de subir pero non se puido conseguir aínda por falta de continuidade, se estes xuvenís que non teñen sitio DE MOMENTO no primeiro equipo se esforzan por facer o máximo co equipo B que se pode facer (poderíase ascender de sobra, ademais de que esa é maneira de chamar a atención e clamar sitio no 1º equipo...) pois xa teríamos ao B en 2ª, pouco a pouco é o que se pretende porque para iso é o segundo equipo, non?
    saudos

    ResponderEliminar
  7. Jorge Horro: lo que intentaremos este anho(estoy en Irlanda y no hay posibilidad de usar la enhe) es ser un conjunto unido y solido,un equipo con ganas de pasarlo bien y jugar un buen futbol. Ahora bien,muchos de nosotros no viviremos del futbol...y que? No pasa nada,el futbol es una diversion. Los que suenhan con 1eras o 2ndas divisiones deben saber que es otro nivel,al alcance de muy pocos. De momento,yo me contento con tener un equipo en preferente,que ya es bastante y un 2ndo equipo en 3era regional(en funcionamiento desde 2007).
    Para aquellos que buscan un termino medio...pues bien,o esperar a que los B asciendan o si no,tambien se pueden estudiar cesiones. Para gustos hay colores.
    Un saludo,y gracias por el blog

    ResponderEliminar