martes, 14 de julio de 2009

Miguelito rescinde o seu contrato co Vilanova


Confirmado: Miguelito non seguirá a vindeira tempada na EFB Vilanova. Ambas partes chegaron a un acordo para a rescinsión do contrato que ligaba ao dianteiro cambadés co equipo blanquiazul.
Agora o xogador queda libre para aceptar a oferta que mellor lle pareza, co Cambados tiña un principio de acordo, pero a falta da rúbrica propiciu a separación entre ambas posturas que actualmente existe. Según se sabe, o Céltiga está moi interesado en facerse cos servizos do ariete, ademáis da superoferta do Mosteiro de 2ª rexional, que parece descartada polo xogador: "non todo son os cartos", e o proxecto do Céltiga parécelle "moi ambicioso e interesante" ademáis de ser "a mellor oferta que teño actualmente enriba da mesa". Aínda así, nada está decidido e parece que o de Miguelito vai para longo, camiño de ser o culebrón do verán.
O Vilanova, pola súa parte, voltou ao traballo xa preparando o proxecto de cara a inminente campaña que afrontan xa cas baixas confirmadas de Miguelito (que queda libre), Pibe (Arousa), Nico (Pontevedra), e Beni "Peito", que tamén sona para o Céltiga.
Pola súa parte, Darío, pretendido polo Cambados, regresou ao traballo xunto cos seus compañeiros, xa que o Vilanova non cede fronte ao interese do equipo albariño, en palabras do seu presidente en funcións: "Ou o Cambados ofrece máis de 50 millóns, ou Darío quédase no Vilanova". O xogador parece estar farto de rumores e quere aclarar o seu futuro canto antes, e parece que cada vez se alonxa máis do seu equipo natal, xa que o Vilanova non parece disposto a deixalo marchar facilmente.
Seguiremos informando.

4 comentarios:

  1. mima como estas da cabesa...

    ResponderEliminar
  2. roi? home esto ten que ter algo de humor sinon...

    ResponderEliminar
  3. olle pero esto é totalmente verídico... eu estaba diante cando falou con kinso... (Representante de Miguelito)

    ResponderEliminar