martes, 28 de julio de 2009

Negociacións rotas por Sete

Luis Diéguez "Sete" non xogará finalmente a vindeira temporada no CJ Cambados, así de rotundo se mostrou o xogador mediante un comunicado dende a súa páxina persoal, na que asegura que o acordo estaba practicamente pechado, pero debido a discrepancias de última hora entre o clube e o pai e representante do xogador, Sete non se moverá, en principio, do Arousa.
Un novo obxectivo que se escapa das mans do equipo albariño, tras as fichaxes frustradas de Darío, Iago, Pablo e Pin, Sete tampouco reforzará o plantel amarelo, aínda que, recordamos, o prazo de fichaxes para a nova tempada continúa aberto, e aínda qued aun mes durante o cal poden pasar moitas cousas, sobre todo deste mes de agosto dependen as fichaxes dos xogadores do Pontevedra, e do ex-do Vilanova, Miguelito, que parece que si está a piques de cerrarse a súa incorporación.
En calqueira dos casos, Popi mostrouse contrariado xa que o seu desexo era, afirmou, "ter o plantel pechado o antes posíbel", parece que terá que agardar até finais de agosto.
En calqueira caso, o equipo voltará aos adestramentos o vindeiro martes 4 de agosto, onde contará xa coa fichaxe estrela da tempada: Roisinho.
Seguiremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario