domingo, 5 de julio de 2009

Roisinho FICHADO!!!

Miguelito, Pablo, Iago, Christian... rumores... pero a primeira fichaxe oficial para nova tempada-sen contar a do adestrador- xa está aquí: Roisinho "Gaúcho" anunciounos en primicia para o blog que aceptou a suculenta oferta do CJ Cambados para que forme parte das súas filas a vindeira campaña, cobrando "tanto coma Cristiano Ronaldo", unha das principais esixencias do ariete para firmar polo conxunto albariño.
A perla de Corbillón voltará aos terreos de xogo dous anos despois de colgar as botas (emulando a míticos xogadores coma Carlos Roa ou Romario), e farao volvendo ao equipo da súa vida, equipo do que se desligou a final da tempada 2005-06, aquela fatídica tempada na que a equipa infantil adestrada por Roberto Cacabelos "Chopi" deixou escapar a ansiada fase de ascenso tras un pésimo sprint final, cando lles bastaba con sumar un só punto nos tres derradeiros encontros, e non sumaron ningún, perdendo os tres últimos partidos. Esa tempada marcaría un antes e un despois nesa xeración do Cambados, coas marchas engadidas de Pablo no mercado de inverno, e de Iago e Christian a final de tempada, fichando os tres xogadores polo Pontevedra CF. Logo viría a época de Neno Millán, co subcampionato copeiro e o descenso de categoría no ano seguinte e, a continuación, o fugaz paso de Toño Lodeiro como adestrador, no que, debido á falta de continuidade e a unha temporada moi irregular, non se puido conseguir tampouco a preciada clasificación para a promoción de ascenso a Liga Galega.
Agora, coa volta de xogadores míticos coma Roisinho; Pablo, Iago, Christian ou Miguelito (se finalmente se confirman ditas incorporacións), agárdase recuperar a senda do bo camiño, recordando vellos tempos coma a 3ª posición en liga Fútbol 7 con Domínguez no banquiño, ou vitorias épicas coma a conseguida ante o Pontevedra CF, e a ver se se consegue, por fin, a ansiada clasificación para a fase de ascenso que se rozou esta tempada.

14 comentarios:

  1. o mellor a miña presencia na foto jajajaja! A ver que é o que pasa finalmente. un saúdo, e sigue currando no blog Roi. Miguel

    ResponderEliminar
  2. Jorge Horro: jaja,muy grande la entrada! a ver si se confirman las incorporaciones esperadas; por cierto,lo de Kevin Arousa se complica,por no haber permiso paterno,jajaja. Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Rosinho volve 3 TEMPADAS despois, non 2. manufari

    ResponderEliminar
  4. E que sinón xa non era igual ca Carlos Roa... xD

    ResponderEliminar
  5. esto foro parese o do tomate. Faltan entrevistas e moitas cousas mais

    ResponderEliminar
  6. Como haija máis xogadores que fichas a "flamante" fichaxe de Roisinho vai ao carallo,e sera o 1º descarte,jaqjajajaja

    ResponderEliminar
  7. Hahaha... Quen di eso? VALIENTE
    máis xogadores que fichas non creo...e non haberá xente que descartar antes...

    ResponderEliminar
  8. no cambados , equipo de provincial con poucas posibilidades de ascenso, DESCARTES???? JAJAJA vnga hombre venga a donde vamos a parar xd

    ResponderEliminar
  9. Jorge Horro: hay cada anonimo,que,Dios mio...vaya faltas de ortografia(pena que me encuentre en Irlanda y no haya posibilidad de escribir con tildes). A uno le duele la vista! Y no va a haber descartes; los hubo hace 2 temporadas,porque se empezo la pretemporada con 25-26,pero despues se echo de menos a gente en momentos decisivos.Asi que,no creo que se tropiece con la misma piedra.Un saludo!

    ResponderEliminar
  10. Ya tenemos al 9 que quería el míster...alto,buen rematador de cabeza,habilidoso con el balón en los pies,bueno jugando de espaldas a la portería y un gran definidor en el uno contra uno. Ha llegado el Zlatan Ibrahimovic de "O Pombal" jajaj.Rubén

    ResponderEliminar
  11. coño zlatan! ajaja si señor

    ResponderEliminar
  12. O día da presentación vai a ser apoteósico ni Cristiano Ronaldo ni ostias....

    volve o carisma e o bo futbol ó Cambados

    E non habera que poñerlle un gardaespaldas pola presión das suas admiradoras...

    ResponderEliminar