martes, 4 de agosto de 2009

Miguelito fichado!

Era un segredo a voces, pero que se estaba a alongar demasiado, o futuro de Miguelito pintaba cada día máis amarelo e o seu retorno ás filas do conxunto albariño é xa un feito.
O dianteiro, de orixe lugués, comezou xogando xa en categoría benxamín do CJ Cambados, na tempada 2005/06, Miguelito cuaxou a súa mellor campaña, anotando 40 goles en 25 partidos, para na seguinte campaña chegar co Cambados cadete á final de Copa, na que caíron derrotados fronte ao Pontevedra CF, equipo polo que pasaría Miguelito a seguinte temporada sen moito éxito, marcando un só gol en pretemporada e ningún en liga. Insatisfeito co seu propio rendemento, decidiu abandonar o Pontevedra e fichou polo Arosa SC, onde pasaría fugazmente sin pena nin gloria debido a discrepancias co adestrador. A EFB Vilanova interesouse por el entón, e o proxecto convenceu a Miguelito, incitado tamén polos seus amigos e ex-compañeiros no Cambados, Darío e Pibe. Miguelito completou unha boa temporada, a pesar das lesións, chegando a debutar co primeiro equipo do Vilanova e marcando 9 goles en 17 partidos; a pesar da súa boa campaña, non puido evitar o descenso do Vilanova a Liga Comarcal, polo que quedaba libre para esta nova temporada, na que voltará á que sempre foi a súa casa, onde conseguiu os seus maiores éxitos deportivos e onde podería formar xunto a Roisinho unha parella letal en ataque.
Seguiremos informando.

martes, 28 de julio de 2009

Negociacións rotas por Sete

Luis Diéguez "Sete" non xogará finalmente a vindeira temporada no CJ Cambados, así de rotundo se mostrou o xogador mediante un comunicado dende a súa páxina persoal, na que asegura que o acordo estaba practicamente pechado, pero debido a discrepancias de última hora entre o clube e o pai e representante do xogador, Sete non se moverá, en principio, do Arousa.
Un novo obxectivo que se escapa das mans do equipo albariño, tras as fichaxes frustradas de Darío, Iago, Pablo e Pin, Sete tampouco reforzará o plantel amarelo, aínda que, recordamos, o prazo de fichaxes para a nova tempada continúa aberto, e aínda qued aun mes durante o cal poden pasar moitas cousas, sobre todo deste mes de agosto dependen as fichaxes dos xogadores do Pontevedra, e do ex-do Vilanova, Miguelito, que parece que si está a piques de cerrarse a súa incorporación.
En calqueira dos casos, Popi mostrouse contrariado xa que o seu desexo era, afirmou, "ter o plantel pechado o antes posíbel", parece que terá que agardar até finais de agosto.
En calqueira caso, o equipo voltará aos adestramentos o vindeiro martes 4 de agosto, onde contará xa coa fichaxe estrela da tempada: Roisinho.
Seguiremos informando.

domingo, 19 de julio de 2009

Data límite: 31 de agosto

O Pontevedra CF agardará até o 31 de agosto para facer oficiais os traspasos de Christian, Iago e Pablo ao Cambados. Así o declarou en rolda de prensa o director deportivo Pedro Ferreira: "Son 3 jugadores que han sido muy importantes para nosotros durante todos estos años, pero también es verdad que una categoría tan dura, a parte de jugar con el balón al piso, exige aún más nivel y hace que la competencia suba mucho". O "mítico" tamén destacou que cómpre ver como se adaptarán coas novas incorporacións e a cal é opinión do novo adestrador Jacobo sobre a súa continuidade, pero que coa nova categoría e as novas fichaxes, van abundar tamén "las salidas y los descartes".
Pola súa parte, os xa pupilos de Jacobo inauguran mañá a pretempada que sen dúbida se lles presenta moi dura, a base de dobres sesións moi físicas que, en palabras do mesmo míster "marcará diferencias entre los que seguirán con nosotros y los que no". Iago, Christian e Pablo mostráronse contrariados de que o seu futuro non se decida aínda pois "se non vamos continuar, unha pretempada tan dura é unha pérdida de tempo".
Finalmente, punto e a parte no "caso Pontevedra", en canto ao CX Cambados, os discípulos de Mara voltarán ao traballo o día 3 de agosto, cando poderemos ver de novo de corto a Roisinho, a fichaxe estrela desta tempada, e, de momento a única confirmada, quen sabe se tamén veremos ese día xa a Miguelito?
Seguiremos informando.

martes, 14 de julio de 2009

Miguelito rescinde o seu contrato co Vilanova


Confirmado: Miguelito non seguirá a vindeira tempada na EFB Vilanova. Ambas partes chegaron a un acordo para a rescinsión do contrato que ligaba ao dianteiro cambadés co equipo blanquiazul.
Agora o xogador queda libre para aceptar a oferta que mellor lle pareza, co Cambados tiña un principio de acordo, pero a falta da rúbrica propiciu a separación entre ambas posturas que actualmente existe. Según se sabe, o Céltiga está moi interesado en facerse cos servizos do ariete, ademáis da superoferta do Mosteiro de 2ª rexional, que parece descartada polo xogador: "non todo son os cartos", e o proxecto do Céltiga parécelle "moi ambicioso e interesante" ademáis de ser "a mellor oferta que teño actualmente enriba da mesa". Aínda así, nada está decidido e parece que o de Miguelito vai para longo, camiño de ser o culebrón do verán.
O Vilanova, pola súa parte, voltou ao traballo xa preparando o proxecto de cara a inminente campaña que afrontan xa cas baixas confirmadas de Miguelito (que queda libre), Pibe (Arousa), Nico (Pontevedra), e Beni "Peito", que tamén sona para o Céltiga.
Pola súa parte, Darío, pretendido polo Cambados, regresou ao traballo xunto cos seus compañeiros, xa que o Vilanova non cede fronte ao interese do equipo albariño, en palabras do seu presidente en funcións: "Ou o Cambados ofrece máis de 50 millóns, ou Darío quédase no Vilanova". O xogador parece estar farto de rumores e quere aclarar o seu futuro canto antes, e parece que cada vez se alonxa máis do seu equipo natal, xa que o Vilanova non parece disposto a deixalo marchar facilmente.
Seguiremos informando.

domingo, 5 de julio de 2009

Roisinho FICHADO!!!

Miguelito, Pablo, Iago, Christian... rumores... pero a primeira fichaxe oficial para nova tempada-sen contar a do adestrador- xa está aquí: Roisinho "Gaúcho" anunciounos en primicia para o blog que aceptou a suculenta oferta do CJ Cambados para que forme parte das súas filas a vindeira campaña, cobrando "tanto coma Cristiano Ronaldo", unha das principais esixencias do ariete para firmar polo conxunto albariño.
A perla de Corbillón voltará aos terreos de xogo dous anos despois de colgar as botas (emulando a míticos xogadores coma Carlos Roa ou Romario), e farao volvendo ao equipo da súa vida, equipo do que se desligou a final da tempada 2005-06, aquela fatídica tempada na que a equipa infantil adestrada por Roberto Cacabelos "Chopi" deixou escapar a ansiada fase de ascenso tras un pésimo sprint final, cando lles bastaba con sumar un só punto nos tres derradeiros encontros, e non sumaron ningún, perdendo os tres últimos partidos. Esa tempada marcaría un antes e un despois nesa xeración do Cambados, coas marchas engadidas de Pablo no mercado de inverno, e de Iago e Christian a final de tempada, fichando os tres xogadores polo Pontevedra CF. Logo viría a época de Neno Millán, co subcampionato copeiro e o descenso de categoría no ano seguinte e, a continuación, o fugaz paso de Toño Lodeiro como adestrador, no que, debido á falta de continuidade e a unha temporada moi irregular, non se puido conseguir tampouco a preciada clasificación para a promoción de ascenso a Liga Galega.
Agora, coa volta de xogadores míticos coma Roisinho; Pablo, Iago, Christian ou Miguelito (se finalmente se confirman ditas incorporacións), agárdase recuperar a senda do bo camiño, recordando vellos tempos coma a 3ª posición en liga Fútbol 7 con Domínguez no banquiño, ou vitorias épicas coma a conseguida ante o Pontevedra CF, e a ver se se consegue, por fin, a ansiada clasificación para a fase de ascenso que se rozou esta tempada.

As negociacións por Darío e Miguelito en punto morto.

Dúas fichaxes que semellaban estar feitas encóntranse, segundo a secretaría técnica do CJ Cambados. "nestes momentos paralizadas". O acordo con Miguelito está apalabrado dende fai tempo, pero unha suposta oferta estratosférica dun clube nada máis e nada menos que de Segunda Autonómica ten ao xogador agora indeciso. Ademais, o interese que está mostrando o clube albariño polo seu ex-compañeiro durante a súa fugaz etapa no Arousa SC, Luís Diéguez "Sete", parece que non lle sentou moi ben ao xogador natural de Lugo, e ambas posturas semellan distanciarse.
En canto ao corbillonense Darío, vista a competencia que vai a haber na súa posición coas importantes incorporacións que vai levar a cabo o Cambados, fixo que se esté a replantear o seu inmediato futuro, e de momento non hai nada confirmado.
Seguirmeos informando.

viernes, 3 de julio de 2009

Pablo e Christian, atados. Iago será o seguinte.


Christian Abal "Pin" e Pablo Charlín (Pontevedra CF) van camiño de ser as seguintes incorporacións do Club Xuventude. Ademáis, a secretaría técnica dos amarelos, está a traballar tamén na incorporación do capitán dos granates, Iago Portas, que completaría así o triple retorno dos 3 ex-xogadores do Cambados que fixeran as maletas fai uns anos cara a capital de provincia.
Os dous xogadores que máis preto están, son Christian e Pablo, o primeiro estuda outras ofertas, coma a do eterno rival, o Arousa SC (equipo do cal tamén formou parte "Pin"), pero sen dúbida a máis apetitosa que ten sobre a mesa o xogador de Corón é a do equipo cambadés. Pola súa parte, Pablo Charlín, declarou que tamén lle encantaría regresar á que foi a súa casa durante tantos anos, xa que o do Cambados parecélle "un proxecto moi ambicioso" e coo adestrador "levámonos moi ben".
Pola súa parte, o conxunto granate non se pronunciou en canto ás ofertas sobre os xogadores pretendidos polo CJ Cambados, pero todo parece indicar que teñen asumida a súa marcha, pois o Pontevedra confirmou as fichaxes do lateral esquerdo Nico (Vilanova), e do central Edu (Sanxenxo) ademáis da renovación de Nogueira, o que lle pecha as portas aos dous zagueiros naturais do Salnés. As declaracións de Iago Portas son claras: "A miña primeira opción é o Pontevedra, pero se non dispoño de minutos aquí, buscareinos noutro lugar, sóbranme ofertas". Iago recoñeceu tamén a súa debilidade polo Cambados, "é o equipo da miña vida, e sempre dixen que me gustaría voltar nun futuro máis ou menos próximo".
Pase o que pase , a pretemporada está á volta da esquina, e o futuro destes xogadores confirmarase en breve, en calquera caso.
Seguiremos informando.

miércoles, 1 de julio de 2009

Rumores e fichaxes : Descenso do EFB Vilanova

Finalmente, consumouse o descenso do EFB Vilanova, un equipo amigo, e que contaba con varios ex-xogadores do CJ Cambados, coma Miguelito, Darío, Pibe ou o mítico porteiro Beni.
Con este descenso aproxímanse máis se cabe as fichaxes de Miguelito (practicamente feito) e o de Darío (a falta duns poucos flecos). Pibe tamén é sondeado pero os rumores indican que xogará a vindeira temporada no Arousa SC, polo que será rival do Cambados. Con respecto a Beni, según declaracións do propio xogador, a súa intención é seguir no seu actual clube, a pesar do descenso, a non ser que se lle faga chegar unha oferta "escandalosamente escandalosa".
Daquela, todo parece indicar que, por mor do descenso a Liga Comarcal, Miguelito e Darío serán as vindeiras fichaxes do Cambados, logo de que xa se confirmase o reforzo de Roisinho, a fichaxe galáctica da tempada, que cobrará "tanto coma Cristiano Ronaldo", e finalmente vestirá a camiseta amarela a vindeira campaña.
Seguiremos informando.
Darío, Miguelito, Pibe e Beni (resaltados) nun partido co Cambados. Foto de archivo.

lunes, 29 de junio de 2009

O proxecto vai tomando forma: Popi é o elixido.

Era un segredo a voces, aínda que tamén se baraxaban nomes coma o de Blas (que finalmente renovou cos cadetes) ou a hipotética continuidade de Lodeiro, que finalmente entrenará en Pontevedra; finalmente Popi será o capitán do barco que loitará pola ansiada fase de ascenso, obxectivo que finalmente non se alcanzou esste ano. Así o estimou a directiva vendo o alto grau de preparación que presenta despois de haberse preparado durante esta tempada, na que ademais cumpleu o seu segundo ano como adestrado do Cambados "B" de 3ª rexional, equipo que, a pesar das dificultades conseguiu que mostrase unha boa imaxe e que conseguise unha boa posición ao final do campionato ligueiro. Ademáis, Popi xa foi o segundo de a bordo na época de Milleiro, dende a cal conserva a imaxe de "duro".

Ramón Alberto Oubiña Miser, coñecido dende a súa época de xogador como Maradona, ou, simplemente Mara, comezou a súa carreira como xogador no equipo da súa vida: o CJ Cambados.
É sabido, que chegou a destacar moito, de aí que o alcumarán "Maradona", pero unha lesión truncou a súa prometedora carreira como futbolista, e Popi rematou por xogar en equipos a nivel afeccionado.
Participou sempre moi activamente en proxectos tan innovadores do clube coma a cración do equipo filial, o cal da súa man tivo opcións de conseguir o ascenso a 2ª autonómica, e como xa dixemos antes, foi o 2º de Milleiro nas última brillantes épocas de xuvenís, cando con xogadores coma Manu e Penja (que actualmente son pezas importantes no esquema de Carregal no primeiro equipo) o Cambados xuvenil estivera moi preto de conseguir ascender a Liga Galega por varias veces, arrasando na liga regular.
Esta vez, Popi será o encargado de sacar o máximo partido ao plantel que, si ven pode que non sexa tan competitivo coma o da "época Milleiro", por que non soñar cunha fase de ascenso? e unha vez nela, por que non ïamos ter a sorte que lle faltou a aquel gran equipo que non conseguiu subir?
Só o tempo dirá até onde conseguirá chegar Popi con este equipo este ano, de momento, a primeira pedra está xa posta coa súa fichaxe como entrenador, agora quédalle todo o traballo por diante, a planificación do equipo que loitará nunha Liga Provincial igualadísima...

Prólogo

Benvidos ao blog oficial dos juveniles do Cambados. Debido á gran demanda de noticias sobre a equipa, decidimos crear este blog onde poderedes comprobar a actualidade dos juves, todos os rumores, as fichaxes, as altas, as baixas... todo.
Agardamos a vosa colaboración e que nos apoiedes visitando e comentando moito... saúdos a tod@s!!