Miguelito, Pablo, Iago, Christian... rumores... pero a primeira fichaxe oficial para nova tempada-sen contar a do adestrador- xa está aquí: Roisinho "Gaúcho" anunciounos en primicia para o blog que aceptou a suculenta oferta do CJ Cambados para que forme parte das súas filas a vindeira campaña, cobrando "tanto coma Cristiano Ronaldo", unha das principais esixencias do ariete para firmar polo conxunto albariño.
A perla de Corbillón voltará aos terreos de xogo dous anos despois de colgar as botas (emulando a míticos xogadores coma Carlos Roa ou Romario), e farao vol

vendo ao equipo da súa vida, equipo do que se desligou a final da tempada 2005-06, aquela fatídica tempada na que a equipa infantil adestrada por Roberto Cacabelos "Chopi" deixou escapar a ansiada fase de ascenso tras un pésimo sprint final, cando lles bastaba con sumar un só punto nos tres derradeiros encontros, e non sumaron ningún, perdendo os tres últimos partidos. Esa tempada marcaría un antes e un despois nesa xeración do Cambados, coas marchas engadidas de Pablo no mercado de inverno, e de Iago e Christian a final de tempada, fichando os tres xogadores polo Pontevedra CF. Logo viría a época de Neno Millán, co subcampionato copeiro e o descenso de categoría no ano seguinte e, a continuación, o fugaz paso de Toño Lodeiro como adestrador, no que, debido á falta de continuidade e a unha temporada moi irregular, non se puido conseguir tampouco a preciada clasificación para a promoción de ascenso a Liga Galega.
Agora, coa volta de xogadores míticos coma Roisinho; Pablo, Iago, Christian ou Miguelito (se finalmente se confirman ditas incorporacións), agárdase recuperar a senda do bo camiño, recordando vellos tempos coma a 3ª posición en liga Fútbol 7 con Domínguez no banquiño, ou vitorias épicas coma a conseguida ante o Pontevedra CF, e a ver se se consegue, por fin, a ansiada clasificación para a fase de ascenso que se rozou esta tempada.