Era un segredo a voces, pero que se estaba a alongar demasiado, o futuro de Miguelito pintaba cada día máis amarelo e o seu retorno ás filas do conxunto albariño é xa un feito.
O dianteiro, de orixe lugués, comezou xogando xa en categoría benxamín do CJ Cambados, na tempada 2005/06, Miguelito cuaxou a súa mellor campaña, anotando 40 goles en 25 partidos, para na seguinte campaña chegar co Cambados cadete á final de Copa, na qu

e caíron derrotados fronte ao Pontevedra CF, equipo polo que pasaría Miguelito a seguinte temporada sen moito éxito, marcando un só gol en pretemporada e ningún en liga. Insatisfeito co seu propio rendemento, decidiu abandonar o Pontevedra e fichou polo Arosa SC, onde pasaría fugazmente sin pena nin gloria debido a discrepancias co adestrador. A EFB Vilanova interesouse por el entón, e o proxecto convenceu a Miguelito, incitado tamén polos seus amigos e ex-compañeiros no Cambados, Darío e Pibe. Miguelito completou unha boa temporada, a pesar das lesións, chegando a debutar co primeiro equipo do Vilanova e marcando 9 goles en 17 partidos; a pesar da súa boa campaña, non puido evitar o descenso do Vilanova a Liga Comarcal, polo que quedaba libre para esta nova temporada, na que voltará á que sempre foi a súa casa, onde conseguiu os seus maiores éxitos deportivos e onde podería formar xunto a Roisinho unha parella letal en ataque.
Seguiremos informando.